Festa da Xiba 2017

16/05/2017

Festa da Xiba 2017

A concellería de Promoción Económica e Turismo, xestionada polo nacionalista Liss Suárez Becerra, ven de publicar as bases de participación da Festa da Xiba 2017 que terá lugar do 26 ao 28 de maio en 35 locais de hostelería de Sada.

Cada establecemento hosteleiro participante poderá presentar unha tapa ao concurso, sendo esta totalmente gratuita previa consumición no local. Establécense tres premios para a mellor tapa. O da votación do público que deguste as tapas, o da votación dun xurado profesional e o das votacións no facebook Eres de Tapas Si... 

A organización establece ademáis diversos premios para o público que participe nas votacións da mellor tapa.

- Bases participación Festa da Xiba 2017

Toda a información de locais participantes, tapas, rutas e horarios nas imaxes que se achegan

 


Arquivado en:
Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada.

Temas:
Turismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA