Exposición "A miña bisavoa é unha muller especial"

30/03/2018

Exposición "A miña bisavoa é unha muller especial"

O Concello de Sada adicou o Día da Muller 2018 ás bisavoas cunha iniciativa "pioneira" na que os escolares reivindicaron o papel destas mulleres "sobre as que outrora pesaba toda a responsabilidade familiar".

A Concellaría de Educación, que dirixe Raquel Bolaño, levou esta proposta aos centros de Primaria e Infantil, cuxos alumnos achegaron explicacións e fotografías que agora, do 2 ao 8 de abril, poderanse ver na Casa da Cultura.

O proxecto "A miña bisavoa é unha muller especial" comezou cunha ficha que os escolares encheron destacando as virtudes das súas bisavoas e a completaron cunha fotografía das mesmas. O Concello recolleu os traballos o pasado 12 de marzo, logo dixitalizounos e imprimiu nuns paneis que se mostrarán na exposiciómn da Casa dá Cultura Pintor Llorens para que as familias poidan visitala a acompañados dos pequenos.

A iniciativa xa se realizou centrada nas avoas e "tivo un resultado moi positivo", afirma Bolaño, quen busca combinar unha homenaxe á muller e un exercicio de memoria histórica.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Formación. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA