Exposición "A Camelia de As Mariñas" na capela de San Roque

27/03/2017

Exposición "A Camelia de As Mariñas" na capela de San Roque

- A idea é encher a Capela de San Roque con exemplares dos xardíns da zona de As Mariñas,  como o Pazo de Mariñán (Bergondo) ou particulares de Mondego, Mosteirón ou de Meirás, aínda que con convidados de toda Galicia como son a Finca Galea de Alfoz (Lugo) ou dúas particulares de Marín e Santiago de Compostela.


Sada, 27 de marzo

Recollendo a proposta dunha veciña de Sada, concretamente da parroquia de Meirás, naceu a exposición "A Camelia de As Mariñas" que organiza o Concello de Sada en colaboración coa Deputación Provincial de A Coruña e que se celebrou o pasado fin de semana.

A idea  era encher a Capela de San Roque con exemplares dos xardíns da zona de As Mariñas aínda que con convidados de toda Galicia como é a Finca Galea de Alfoz (Lugo), ou dúas particulares de Marín e Santiago.

O Pazo de Mariñán é outro dos referentes fundamentais desta primeira exposición que organizou a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, que dirixe o nacionalista Liss Suárez Becerra, pero tamén hai que resaltar a participación de veciños de Mondego, Mosteirón ou de Meirás, particulares que se animaron a mostrar as súas camelias.

Segundo o concelleiro, “este ano tentamos facer unha exposición pequena pero con exemplares de moitísima calidade,  variedades moi especiais como se poderá ver o sábado e o domingo na Capela de San Roque, un lugar que invita a gozar, pola súa estética, desta flor que ten en Galicia unha presenza tan carismática. Non esquezamos que Emilia Pardo Bazán foi unha gran amante desta flor que impulsou en xardíns, como os da Coruña, e sempre nas casas nas que viviu e na súa literatura”.

A idea da concellería pasa por atopar máis particulares da zona das Mariñas que se animen a amosar as súas camelias “xa que son moitas as fincas que posúen exemplares centenarios desta flor”. “A nosa intención, engade Liss Suárez, é dar continuidade a esta mostra e abrila a novas formas de usar a camelia como é na gastronomía, onde se utiliza en tés, aceites e ata marmeladas”.  


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Turismo. Medio ambente. Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA