Excursión a Cangas do Morrazo-Bueu

05/10/2018

Excursión a Cangas do Morrazo-Bueu

A concellería de Cultura de Sada organiza unha excursión gratuita o próximo sábado 27 de outubro aos concellos de Cangas de Morrazo e Bueu.


O Concello de Sada, a través da concellería de Cultura, organiza unha excursión gratuita a Cangas do Morrazo- Bueu o vindeiro sábado 27 de outubro con saída ás 8:30 horas, diante da explanada de autobuses fronte o Hotel Alda Sada Marina, e con regreso ás 21:00 horas.

A excursión é totalmente gratuita, agas comida (reservado restaurante en ruta con menú 18€), e os veciños e veciñas poderan apuntarse nos centros sociais das parroquias ou na oficina muinicipal de información xuvenil (OMIX), situada na Praza da Pescadería.

Desde a concellería teñen dispoñibles 200 prazas. O prazo de inscrició remata o 19 de outubro. En caso de demanda superior ás prazas ofertadas realizarase un sorteo entre todas as solicitudes o día 22 de outubro, publicandose o 23 o listado de persoas admitidas.

 

 


Arquivado en:
Novas. Eventos culturales / Axenda cultural. Avisos. Cultura e praias.

AXENDA