ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2017-2018

14/09/2017

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2017-2018

A concellaría de Deportes de Sada organiza en colaboración cos clubs deportivos da localidade as escolas deportivas municipais para o curso 2017-2018

Tríptico Escolas Deportivas Municipais Curso 2017-2018

Este ano ofértanse as disciplinas deportivas de atletismo, tríatlon, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, vela lixeira, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, tenis, baloncesto, golf, voleibol e multideporte onde se inclúen disciplinas como hockey a patíns, skate, tiro con arco, bádminton ou xogos tradicionais e deportes colectivos.


Sada, 14 setembro 2017

Máis de vinte disciplinas deportivas ponse a disposición dos veciños e veciñas de Sada co obxectivo de fomentar entre os veciños e veciñas de Sada a actividade física e a práctica do deporte, dando a coñecer aspectos básicos e propios de cada disciplina,  así como outros valores comúns a calquera delas por medio do propio xogo.

Este ano ofértanse as disciplinas deportivas de atletismo, tríatlon, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, vela lixeira, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, tenis, baloncesto, golf, voleibol e multideporte onde se inclúen disciplinas como hockey a patíns, skate, tiro con arco, bádminton ou xogos tradicionais e deportes colectivos.

As escolas deportivas municipais comezarán o 2 de outubro e, seguindo o calendario escolar, finalizarán nos meses de maio ou xuño de 2018, dependendo da especialidade.

Toda a información acerca de cada actividade deportiva ofrecerase no oficina do área de deportes sita no Concello de Sada ou nas entidades e clubs que imparten as escolas.

Para realizar a inscrición as persoas interesadas deberán porse en contacto cos clubs que ofertan as actividades. Os clubs deportivos confirmarán a praza , o día e horario de comezo da actividade. O pago das actividades levará a cabo directamente coa entidade deportiva colaboradora.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Deportes.

Temas:
Deporte.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA