ESCOLAS DE VERÁN SADA 2018

07/05/2018

ESCOLAS DE VERÁN SADA 2018

A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta Concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta de Escolas de Verán 2018. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses

Que facemos nos nosos campamentos? Aprendemos xogando, onde os nos@s nen@s son os vedadeir@s protagonistas. As propostas xiran arredor dos obradoiros de expresión artística e creatividade, actividades musicais e teatrais, iniciación ao deporte, xogos de equipo, ximkanas, etc...

Bases de participación nas Escolas de Verán 2018

Folleto informativo con folla de inscrición

Preinscrición en liña das Escolas de Verán 2018


PARTICIPANTES: 

Nen@s nados entre 2014-2012 (inclusive). XURELIÑOS 

Nen@s nados entre 2011-2006 (inclusive). SARDIÑAS

LUGAR DE CELEBRACIÓN: 

CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego)

DATAS E HORARIO:

(Luns a venres 09.00-14.00)

1ª Quenda: 2-13 xullo 

2ª Quenda: 16-27 xullo (excepto 25 xullo)

O horario pode sufrir modificacións para os solicitantesde bus

COTAS XERAIS E DESCONTOS APLICABLES:

60€ (sin bus) por participante e quenda

70€ (con bus) por participante e quenda

20% por 2º irmán/á (aplicable aos dous)

20% Os dous proxenitores en desemprego

20% Familias monoparentais 40% Desemprego+Familia monoparental.

40% Desemprego + 2 irmán/á

50% Familia Numerosa

Haberá que aportar documentación que o xustifique

CALENDARIO PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN:

Preinscrición: do 7 ao 20 de maio (22.00h)

Sorteo público: 22 maio

Publicación listaxes: 24 maio na web municipal

ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE:

Na Oficina da Xuventude (de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00h)

Preinscrición en liña

1º Prazo: do 25 de maio ao 1 de xuño

2º Prazo: do 4 ao 8 de xuño (para listaxe agarda)

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: 

-Directa: cando a demanda NON supere o número de prazas dispoñibles.

-Sorteo público no caso de a demanda supere o número de prazas dispoñibles

Arquivado en:
Novas. Mondego. Avisos. Sada. Educación, xuventude e saúde.

AXENDA