Entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada

13/01/2018

Entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada

O pasado 13 de outubro a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, notificaba ao Alcalde de Sada, Benito Portela, e ó Concelleiro de Urbanismo, Fran Montouto, a Orde de Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada. Logo da publicación do mesmo no Diario Oficial de Galicia o 29 de novembro e da publicación o 20 de decembro do seu contido normativo no Boletín Oficial da Provincial, no día de hoxe entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada.


Sada, a 13 xaneiro de 2018

Despois de case 10 anos de tramitación, o Concello de Sada conta cun instrumento de planeamento, superando así a ordenanza urbanística provisional do ano 2006, que ademais de dotar de seguridade xurídica a todas aquelas inversións e actuacións que se queran implementar ao abeiro do mesmo por parte dos veciños e veciñas de Sada, facilitará que o propio Concello poida acometer investimentos en equipamentos, dotacións e infraestruturas necesarias para atender as demandas da cidadanía.

O goberno municipal de Sada comezará a traballar de inmediato para acadar que se desenvolvan actuacións como a ampliación do CEIP Sada e seus Contornos, a expropiación de terreos para crear Espazos Libres nas Brañas ou Plan Especial de Protección do Pazo de Meirás, a reurbanización da Avenida da Mariña no núcleo de Sada, a expropiación de terreos na costa para crear o gran parque público de Fontán, entre outros. Para elo e de acordo co programa de actuación do PXOM irase incorporando algunhas destas actuacións aos orzamentos do ano 2018 tanto no que se refire ao planeamento de desenvolvemento como a actuacións en concreto, ademais demandará das outras administracións públicas implicadas no desenvolvemento das actuacións que así o fagan nos seus.

 

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Avisos. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Economía. Urbanismo. Vivenda. Mobilidade. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA