Emprego de Sada programa dous obradoiros de formación gratuitos

11/10/2018

Emprego de Sada programa dous obradoiros de formación gratuitos

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada, xestionada por Francisco Montouto, colabora na organización de dous cursos gratuitos no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, incluídos no baremo de marisqueo da Consellería do Mar cunha puntuación de 0,40 puntos cada un, en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop e a Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E.

Formulario inscrición en liña

Ficha do programa Formación Cooperativa para persoas que queren emprender

Ficha do programa Por que non traballamos en equipo?


Dirixido a persoas emprendedoras, grupos promotores de cooperativas e a persoas interesadas en xeral.

Obradoiro 'Formación Cooperativa para persoas que queren emprender', con visita dunha experiencia cooperativa para conversar coas persoas participantes.

  • Duración: 20 h.
  • Datas e horario: Do martes 13 ao venres 16 de novembro, de 9:30 a 14:30 horas
  • Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, Avda. do Porto, 24
  • Prazas: 20

Obradoiro 'Por que non traballamos en equipo?, Traballaremos ferramentas para mellorar as habilidades para o traballo colaborativo.

  • Duración: 20 h.
  • Datas e horario: Do martes 20 ao venres 23 de novembro, de 9:30 a 14:30 horas
  • Lugar: Salón de Plenos do Concello de Sada, Avda. do Porto, 24
  • Prazas: 20

Os interesados en asistir a un ou aos dous cursos, poden cubrir o seguinte formulario en liña, ou chamar á Axencia de emprego e desenvolvemento local ao teléfono 881 92 90 57 / 981.620.493


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Avisos. Urbanismo e emprego. Sada.

AXENDA