Empoderamento da muller con cancro de mama

23/05/2018

Empoderamento da muller con cancro de mama

O municipio de Sada está integrado na área de acción do proxecto 'Empoderamento da muller con cancro de mama' do Servizo Galego de Saúde, que ten como obxectivos principais:

  • Desenvolver ferramentas que faciliten a autoxestión da saúde por parte das doentes diagnosticadas de cancro de mama.
  • Presentar ferramentas que faciliten unha saúde de calidade e prevención das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos.
  • Participación da doente con cancro na política sanitaria, para unha abordaxe sustentable do tratamento do cancro garantindo a calidade asistencial.
  • Propoñer iniciativas conxuntas para mellorar o acceso da cidadanía ao sistema público de saúde.

Neste proxecto enmárcanse tamén accións educativas dirixidas a aquelas mulleres diagnosticadas de cancro de mama, que se centrarán nas patoloxías, nos hábitos de saúde e cambios de conduta, así como na ampliación do horizonte persoal, e un Plan de Divulgación.

O proxecto desenvolverá varias reunións, as que están convidadas a acudir as mulleres diagnosticadas de cancro de mama longo sobreviventes e as asociación e membros das asociación de doentes, nos que varios especialistas abordarán entre outros aspectos, os psicolóxicos, a sexualidade, a fertilidade e o embarazo, o impacto social, a fisioterapia e coidados de pel. 

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Avisos. Sada.

Temas:
Saúde. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA