Educación organiza para o Día do Libro a actividade "Sada Lee"

15/04/2016

Educación organiza para o Día do Libro a actividade "Sada Lee"

Educación entrega os premios de Sada Lee.

-O xurado do Concurso Municipal Sada Le 2016 elixiu os gañadores/as nas diferentes categorías do concurso. En primeira categoría (público en xeral, veciños e veciñas do concello) a gañadora resultou Cecilia Rodríguez Suárez de 7 anos. Na segunda categoría (Público escolar, alumnado dos centros escolares municipais) a gañadora foi Joahna A. Vicente Sánchez alumna de 3º Educación Primaria do CEIP Sada e Contornos.

-Esta foi a primeira edición desta actividade no Día Do Libro pero non será a última Sada Le, sinalou a concelleira de Educación, Raquel Bolaño, na entrega de premios “chegou para quedar, a iniciativa continuará ano tras ano crecendo, polo menos mentres eu sexa concelleira de educación"

-Video Sada Lee 


 

Sada, 22 xuño 2016.

A concelleira de Educación, Xuventude e Saúde, Raquel Bolaño, fixo entrega onte pola tarde dos premios do concurso Sada Le 2016 actividade que tivo lugar no Día do Libro.

Os nenos e nenas de Sada gozaron ese día dunha actividade de lecer organizada por Educación que xuntou a lectura cunha pequena procura de personaxes da literatura infantil e xuvenil como son Pinocho, Caperucita, Don Quixote e Dorothy.

O catro personaxes estiveron repartidos polas diferentes rúas de Sada con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. "Foi unha iniciativa, indica Bolaño, levada a cabo desde a Concellaría e os colexios e que reuniu nas rúas de Sada aos personaxes dos libros cos que se traballou anteriormente nos colexios".

A actividade mesturou unha pequena actividade de procura, que os máis pequenos puideron realizar cos seus pais e nais, e unha vez que atopaban os personaxes lían con eles e elas un fragmento da historia que representaban, facíanse un selfie ou expresaban que significa para eles a lectura.

Nos pasados días o xurado do Concurso Municipal Sada Le 2016 elixiu os gañadores/as nas diferentes categorías do concurso. En primeira categoría, correspondente a público en xeral, veciños e veciñas do concello, a gañadora resultou Cecilia Rodríguez Suárez de 7 anos.

Na segunda categoría correspondente a público escolar, alumnado dos centros escolares municipais, a gañadora foi Joahna A. Vicente Sánchez alumna de 3º Educación Primaria do C.E.I.P. Sada e Contornos.

Onte pola tarde a concelleira de Educación, Mocidade e Saúde, Raquel Bolaño, entregou os premios as dúas gañadoras no marco da festa de fin de curso do CEIP Sada e Contornos xa que ambas son alumnas do centro.

Esta foi a primeira edición desta actividade no Día Do Libro pero non será a última Sada Lee, sinalou Raquel Bolaño, “chegou para quedar, a iniciativa continuará ano tras ano crecendo, polo menos mentres eu sexa concelleira de educación"

DATOS SADA LEE

O sábado 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a Concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, organizou unha actividade de lecer que xunta lectura cunha pequena procura de personaxes da literatura infantil e xuvenil. 

Catro personaxes moi coñecidos estarán polas rúas de Sada facendo unha visita con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. "Estarán nun lugar, sinala Bolaño, que os participantes terán que descubrir xa que se moverán por todo o centro urbano de Sada, pero non será difícil porque van dispor dun mapa orientativo onde se indicará a súa presenza."

A concelleira sinala que a actividade conxuga unha pequena actividade de procura, que os máis pequenos poden realizar cos seus pais e nais, e unha vez que atopen as personaxes "poderán ler con eles e las un fragmento da historia que representan, facerse un selfie, contarlles o que cada un sente cando le ou expresar que significa para eles a lectura."

Bolaño cre que a actividade servirá para que os nenos e nenas de Sada pasen "un momento divertido arredor dos libros" e sinala que "se cadra pode haber algunha sorpresa se os nenos e nenas participan coa axuda dos seus pais e nais."


ACTIVIDADE SADA LEE

Decreto premiados

Trabajo GaÑadora Categoría Centros Educativos 

Bases do concurso Sada Lee 2016

Autorización participación de menores

Cartas para os nenos/as dos personaxes dos contos - Caperuchiña - Don Quixote - Dorothy - Pinocho

Mapa Sada Lee 


Arquivado en:
Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Formación. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA