Educación entrega os diplomas de Sada Educa 2016-2017

22/06/2017

Educación entrega os diplomas de Sada Educa 2016-2017

A concelleira de Educación, Xuventude e Saúde, Raquel Bolaño, entregou os diplomas aos adultos do programa SADA EDUCA, organizado pola concellería e no que participaron preto de 400 alumnos.
 
Desde a concellaría se ofertaron durante este curso actividades formativas para todas as idades. Entre elas, os populares mini chefs e as clases de conversación en inglés ou de iniciación á informática para adultos.
 
A Concellaría de Educación ofreceu tamén este ano uns cursos de circo e malabares así como talleres de construción e creatividade.  O programa incluía tamén clases de zumba, horto ecolóxico, deseño gráfico, bricolaxe, baile moderno ou estimulación temperá.
 


Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA