Día das Letras Galegas 2017 en Sada

16/05/2017

Día das Letras Galegas 2017 en Sada

O Concello de Sada, ademáis do vídeo de promoción da lingua galega , programa diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2017.

O mércores 17 de maio a concellería de Cultura, xestionada pola socialista María Pardo, programa dentro do programa “Ler conta moito” o pictograma “Carlos Casares” na Biblioteca Municipal Suárez Picallo ás 12:00 horas con entrada libre. Esta actividade para nenos e nenas de 5 a 12 anos é unha proposta diferente, dirixida os pequenos da casa para celebrar o Día das Letras Galegas.

O mesmo día a área de Normalización Lingüística programa o espectáculo das letras, “Menú da Noite”, protagonizado polo actor arousán Carlos Blanco e o ilustrador  pontevedrés Luis Davila. O dúo do actor cómico e o ilustrador de O Bicheiro ármana con sacho en man tuneado. Caldo, sketches dinámicos, números de claqué e debuxos en directo de viñetas son as súas promesas reais. Trátase dunha sesión vándala, máis picante, con novos contidos e máis dinamismo.

Finalmente o sábado 20 de maio no auditorio da Casa da Cultura de Sada ás 20:00 horas terá lugar o Concerto “Camiños da fin da terra" a cargo da Banda de Música Municipal de Sada e organizado pola concellería de Cultura.

 

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Sada. Cultura e praias.

Temas:
Turismo. Formación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA