Desplazamento do equipo móbil a Sada para expedición ou renovación do DNIe

21/08/2017

Desplazamento do equipo móbil a Sada para expedición ou renovación do DNIe

Tal e como vén realizando en anteriores ocasións o equipo móbil do DNIe desprazarase a Sada os días 12 e 13 de setembro a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos.




Os próximos días 12 e 13 de setembro un equipo móbil DNIe desprazarase a Sada a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos, estimándose un cupo diaria de 55 solicitudes de máximo.

Todas as persoas interesadas en tramitar o devandito documento deberán previamente facilitar no Rexistro do Concello de Sada o seu nome, apelidos, DNI (para a renovación) e número de teléfono do solicitante.

O equipo móbil DNIe estará os días 12 e 13 de setembro na planta baixa da OMIX (Praza da PEscadería) en horario de 9:00 a 13:00 horas.

 

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA