Deputación da Coruña, concello da Coruña, UDC e iniciativas pola memoria suman forzas e iniciativas co concello de Sada para o obxectivo comun de poñer fin á vergoña do Pazo de Meirás

09/08/2017

Deputación da Coruña, concello da Coruña, UDC e iniciativas pola memoria suman forzas e iniciativas co concello de Sada para o obxectivo comun de poñer fin á vergoña do Pazo de Meirás

O alcalde de Sada, Benito Portela, asistiu hoxe a unha xuntanza convocada pola Deputación provincial de A Coruña e á que asistiron representantes de distintas administracións, entidades e asociacións, e na que se acadaron acordos e iniciativas co obxectivo compartido de poñer fin á vergoña da situación dun BIC, o Pazo de Meirás, detentada a sua propiedade pola familia Franco e que pretende ser xestionado por unha fundación que ten como obxectivo a apoloxia do réxime de terror. 
 
 
 
Sada 9 agosto 2017
 
O alcalde de Sada valora positivamente a inicitiva da Deputación e os acordos acadados, que integran, complementan e veñen a sumarse ao contido da proposta que vai ser obxecto de debate e acordo no Pleno da Corporación municipal de Sada que terá lugar o vindeiro sábado, 12 de agosto. 
 
Obxectivos como os de que sexa o Concello de Sada, e non a Fundación franquista, a que xestione o réxime de visitas, así como a da necesidade e procedencia de extinguir a propiedade detentada polos Franco do BIC-Pazo e a incorporación do mesmo ao patrimonio público, asi como a demanda de modificación da lei de fundacións para a posterior declaración de ilegais que difundan o réxime de terror franquista, son e van seguir sendo obxectivos prioritarios e compartidos por todas as entidades participantes na xuntanza de hoxe, e que asi xa se recollian na proposta da alcaldia de Sada que se somete á consideración do Pleno do sábado. 
 
Un Pleno da Corporación que o alcalde de Sada agarda supoña un amplo respaldo político-institucional e que xunto a outras iniciativas, como a de hoxe na Deputación e as que xa viñan traballando na sociedade civil (asociacións e entidades de recuperación da memoria histórica) conquiran o obxectivo común e compartido de poñer fin á vergoña do Pazo de Meirás.
 
PLENO EXTRAORDINARIO PARA O SÁBADO 12 DE AGOSTO
 
No día de hoxe tamén celebrouse a Comisión informativa Xeral do Concello de Sada no que se ditaminaba a proposta de acordo da Alcaldía en relación ao Pazo de Meirás (adxuntase proposta) que se vai levar a Pleno o vindeiro sábado día 12 ás 12.30 horas.

A proposta da Alcaldía ten por obxecto demandar da Xunta que no exercicio das competencias que ten atribuídas respecto do réxime de visitas aos BIC sexa o Concello de Sada o que as xestione así como outras iniciativas relacionadas coa memoria histórica, o recoñecemento ás vítimas e a condea ás declaracións públicas da Fundación Franco, así como á procedencia das medidas necesarias para poder incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público.

A proposta foi ditaminada a favor polos grupos municipais de Sadamaioría, BNG e PSdG-PSOE. O grupo municipal do PDSP votou en contra de dita proposta e o Partido Popular, abstívose.

O alcalde de Sada, Benito Portela, agarda que no Pleno do sábado vindeiro todos os grupos da corporación voten a favor da proposta de acordo, proposta que recolle o sentir da sociedade galega ante as manifestacións públicas por parte da Fundación Francisco Franco sobre a intención que teñen no referente á xestión das visitas ao BIC Pazo de Meirás.

Asemade, o alcalde de Sada, agarda que esta convocatoria sirva para lograr un acordo unánime en relación a dar os paso precisos para recuperar o Pazo de Meirás para a titularidade e usos públicos.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Urbanismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA