Deportes realiza o sorteo de prazas para a campaña de Esquí da Deputación

27/01/2017

Deportes realiza o sorteo de prazas para a campaña de Esquí da Deputación

A concellaría de Deportes, xestionada por Zeltia García, levou a cabo o sorteo de prazas para participar na campaña de Esquí da Deputación da Coruña enfocada a nenos e nenas nacidos dos anos 2002 ao 2006, ambos inclusive.

 

- Acta sorteo de prazas para a campaña de Esquí da Deputación

 

Carta concelleira de Deportes e folla de Preinscripción




Sada 27 xaneiro 2017.

A Deputación da Coruña, realiza unha campaña de esquí na estación invernal de Leitariegos (provincia de León) para nenos e nenas de toda a provincia, nacidos nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

Ao Concello de Sada concedéronlle 8 prazas para rapaces e rapazas empadroados/as no noso Concello e correspóndelle a 2ª quenda: do 5 ao 10 de marzo.

En total serán seis días con estancia e mantemento, ademais de clases de esquí, con aluguer de material, seguros, remontes mecánicos, con todo incluído na estación de Leitariegos. A entrada será o domingo 5 de marzo pola tarde e a saída o venres 10 de marzo despois da comida.

A concellaría de Deportes realizou o pasado martes o sorteo do oito prazas concedidas entre as 18 solicutudes presentadas, avisando por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza. Cada participante abonará unha cuota de inscrición de 95 euros.


Arquivado en:
Alcaldía. Deportes.

Temas:
Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA