Cursos de novas aplicacións e funcionalidades de internet na aula CeMit de Sada

22/08/2017

Cursos de novas aplicacións e funcionalidades de internet na aula CeMit de Sada

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Amtega, ofrece o seu segundo ciclo formativo a través de videoconferencia sobre o manexo de móbiles e tablets.


O seu segundo ciclo formativo a través de  videoconferencia sobre o manexo de móbiles e tablets orienta os contidos a sacar o maior proveito ao uso habitual da tecnoloxía mediante o descubrimento de novas aplicacións ou funcionalidades (video dixital, compra a través de internet, relacións coa administración, aplicacións para viaxes, para coidar a saúde ou a compartición de contidos nas redes sociais)

Este itinerario está destinado a persoas cun nivel de uso básico das novas tecnoloxías.

A actividade será os venres de 11:00 a 12:30. Podes asistir a unha ou varias videoconferencia, os temas serán:

Viernes 8 de septiembre: Saca o máximo partido a o teu móbil. Personaliza as súas funcións e configuración.

Viernes 15 de septiembre: Vídeo dixital: comparte os teus recordos. Aplicacións gratuitas para editar os teus vídeos.

Viernes 22 de septiembreCompra a través de Internet. Métodos de pago seguros no ordenador e dispositivos móbiles.

Viernes 29 de septiembre: Todo o que a administración che ofrece. Cómo realizar os trámites máis solicitados por Internet.

Viernes 6 de octubre: As aplicacións móbiles máis útiles para as túas viaxes. Descobre novos lugares coas ferramentas xeográficas de Google.

Viernes 13 de octubre: Usa o teu móbil para coidar a túa saúde, pedir cita médica online e moito máis. Utilidades e funcións dos novos reloxos intelixentes.

Viernes 20 de octubre: Coñece a fondo a rede social facebook. Aprende e comparte información en blogs temáticos e foros.

Para matricularse pode facelo a través da páxina web do CeMIT: https://cemit.xunta.gal/es/centro/69

Para o que é necesario ser usuario da rede CeMIT, o que se pode facer no seguinte enlace: aulascemit.xunta.es/usuarios

Tamén pode rexistrarse como usuario/a e/ou matricularse presencialmente no CeMIT, na praza da Pescadería s/n, Sada.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Urbanismo e emprego.

Temas:
Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA