Curso gratuito para a obtención do carné de aplicador de produtos fitosanitarios

10/10/2017

Curso gratuito para a obtención do carné de aplicador de produtos fitosanitarios

O Concello de Sada, a través da concellería de Urbanismo e Emprego, colabora coa Consellería de Medio Rural na organización dun curso gratuito para a obtención do carné de aplicador de produtos fitosanitarios, nivel básico.

Data e hora: novembro de 2017 en horario de tarde (O exame será pola mañá)

Lugar: Casa do Pobo de Meirás (ao lado da igrexa) - R/ José fernández Álvarez, Meirás – 15168 Sada

Inscricións ata 20/10/2017 no rexistro de entrada do Concello de Sada

Documentación a presentar:

· Solicitude

· Fotocopia do DNI/NIE

· A persoas profesionais do sector deberán acreditar documentalmente a dita circunstancia  mediante fotocopia do contrato de traballo, CEA da explotación agraria, libro de familia, etc. Terán preferencia os/as profesionais do sector sempre e cando acheguen documentación que o acredite.

 


Arquivado en:
Novas. Meirás. Avisos. Urbanismo e emprego.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Educación.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA