Curso de mantemento de embarcacións

09/01/2018

Curso de mantemento  de embarcacións

Desde a Concellaría de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, ponse en marcha unha acción formativa dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego 2018, Curso de mantemento de embarcacións, co obxecto de capacitar ao alumnado cos coñecementos teórico/prácticos necesarios para o coidado, reparación e mantemento de barcos.


Sada 9 xaneiro 2018

Con este curso de 200 horas preténdese formar a un máximo de 15 persoas nunha profesión relacionada co sector náutico de recreo co fin de que adquiran coñecementos e capacidades para desenvolver este traballo de mantemento de embarcacións xunto con coñecementos de PRL no sector marítimo, primeiros auxilios no mar, licenza de navegación e actividades prácticas con embarcacións.

  • Dirixido a: Persoas desempregadas do Concello de Sada
  • Duración: 200 h.
  • Lugar: Porto Deportivo de Sada
  • Datas: de luns a venres do 29/01/2018 ao 23/03/2018
  • Horario: de 16:00 a 21:00 h.
  • Inclúe licenza de navegación (1 sábado pola mañá)

Para inscribirse ao curso, só ten que cubrir o seguinte formulario ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620.765.150

Prazo ata o venres 19 de xaneiro ás 14:00 h.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Meirás. Mondego. Mosteirón. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Economía. Emprego. Formación. Urbanismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.