Cultura programa Máis.Cul nas parroquias de Sada

06/11/2018

Cultura programa Máis.Cul nas parroquias de Sada

Máis.cul é un programa de intervención sociocultural nas parroquias do Concello organizado pola concellería de Cultura e Praias que ten como obxectivos dinamizar o entorno comunitario e promover a participación activa da veciñanza na vida cultural e social de Sada.

6/11/2018 - Listaxe de persoas inscritas no programa máis.cul2018

BASES REGULADORAS DA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA MÁIS.CUL

Folla de inscrición para entregar na Oficina Municipal da Xuventude (OMIX)

Formulario en liña


Máis.cul é un programa de intervención sociocultural nas parroquias do Concello organizado pola concellería de Cultura e Praias que ten como obxectivos dinamizar o entorno comunitario e promover a participación activa da veciñanza na vida cultural e social de Sada, a través da realización, nos centros cívicos parroquiais, de diversas actividades enmarcadas no paradigma da educación permanente de adultos.

As actividades que a concellería de Cultura e Praias programa dentro do no Mais.cul son

  • Papel Maché
  • Encaixe de Bolillos
  • Patchwork
  • Fotografía
  • Arte Floral

Este programa destínase á toda a poboación sen límite de idade aínda que terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Sada.

As actividades do programa máis.cul comezarán o luns 5 de novembro de 2018 e rematarán o venres 21 de xuño de 2019. Respectando os seguintes períodos vacacionais:

- Vacacións de Nadal (do 24 de decembro ao 6 de xaneiro)

- Vacacións de Entroido (do 4 ao 8 de marzo)

- Vacacións de Semana Santa (do 15 ao 20 de abril)

Cada actividade terá unha duración de dúas horas e atenderá á seguinte temporalización e localización:

  • Papel Maché  - Luns 18:30-20:30 no Centro cívico de O Castro
  • Encaixe de Bolillos - Martes 19:30-21:30 no Centro cívico de Carnoedo
  • Patchwork - Mércores 19:30-21:30 no Centro cívico de Mondego
  • Fotografía -  Xoves 18:30-20:30 no Centro cívico de Veigue
  • Arte Floral - Venres 19:30-21:30 no Centro cívico de Meirás

Os participantes deberán formalizar a inscrición das actividades a través das seguintes vías:  

  1. Presencialmente: cubrindo a folla de inscrición que se facilitará na Oficina da Xuventude. (OMIX)  
  2. Correo electrónico: descargando o formulario e enviándoa á dirección de correo sada.cul@sada.gal 
  3. On-line: cumprimentando este formulario en liña

O prazo para presentar as inscricións estará aberto entre o 22 e o 26 de outubro, ambos incluídos. O horario de atención ao público na Oficina da Xuventude é de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, de luns a venres.  O listado de persoas admitidas publicarase o 2 de novembro. As persoas admitidas terán un prazo de formalización da matrícula entre o 5 e o 16 de novembro, debendo realizarse o pago do prezo público estipulado en 5€ mensuais por persoa e actividade.

O número máximo e mínimo de participantes virá determinado polas características específicas de cada actividade. No caso de non cumprir o mínimo de participantes requirido para o bo funcionamento dunha actividade esta será suplida por outra nova, que concorde coa finalidade e obxectivos do programa.

En caso de superar as prazas dispoñibles por actividade realizarase un sorteo público na OMIX. Todas aquelas persoas que queden sen praza pasarán a formar parte da listaxe de agarda (respectando a orde resultante no sorteo e con preferencia para empadroados) e poderán ser chamados para cubrir as prazas vacantes nas actividades do seu interese.


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Cultura e praias.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA