Cultura convoca o concurso fotográfico Mar de Luces para aportar visibilidade á "paixase portuaria e náutica"

22/12/2017

Cultura convoca o concurso fotográfico Mar de Luces para aportar visibilidade á "paixase portuaria e náutica"

Con motivo da celebración das Festas do Nadal a concellería de Cultura e Praias quere animar ás veciñas e veciños de Sada a participar activamente a través de propostas de carácter cultural.

“Sumándonos a outras iniciativas, xurdidas en zonas da vila que nos parece interesante poñer en valor, propoñémonos  contribuír a ampliar o ambiente festivo das rúas levándoo tamén ao noso mar, e queremos facelo da man dunha disciplina artística moi popular e accesible, como é a fotografía”, indican desde a concellería. 

Por elo, en colaboración coa iniciativa da entidade Marina Sada de iluminar as embarcacións, a concellería de Cultura convoca un concurso fotográfico coas finalidades de fomentar a creatividade e a participación cultural activa das nosas veciñas e veciños, achegar visitas á zona do Porto de Sada e xerar imaxes que aporten visibilidade á “paisaxe portuaria e náutica” sadense, que forma parte inseparable da nosa identidade.


BASES CONCURSO “UN MAR DE LUCES” 


Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Cultura e praias.

Temas:
Turismo. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA