CORTES DE TRÁFICO POLO CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLISMO

18/05/2018

CORTES DE TRÁFICO POLO CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLISMO

O domingo 20 de maio celébrase o CAMPIONATO DE GALICIA DE FONDO EN ESTRADA DE CICLISMO que percorrerá as rúas dos concellos da área metropolitana de A Coruña.

Polo casco urbano de Sada pasará a comitiva ciclista entre as 10:45 e 11:15 da mañá percorrendo a avenida Rosalía de Castro, avenida de Sada e Contornos, avenida da Mariña e avenida República Arxentina.

Desde a organización do evento e desde o Concello de Sada solicítase a colaboración dos veciños e veciñas da localidade deixando libres de tránsito, no tramo horario indicado, ás vías por onde discurre a proba ciclista. Por tal motivo se procederá ao balizamento de todas as saídas de garaxes e de rúas adxacentes das avenidas especificadas.

Tendo en conta a relevancia da proba e valorando moi positivamente a repercusión que pode ter para o noso Concello pedimos a colaboración dos veciños e veciñas para que a mesma se desenvolva na mellor das condicións.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Avisos. Sada. Deportes.

AXENDA