Convocatoria de subvencións para establecementos comerciais

05/07/2017

Convocatoria de subvencións  para establecementos comerciais

O Concello de Sada, a través da concellería de Urbanismo e Emprego informa que xa está aberta a convocatoria de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais de venda polo miúdo


A Orde do 1 de xuño de 2017 establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais de venda polo miúdo, e procédese á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2017).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais de venda polo miúdo.

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

Requisitos:

- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na comunidade autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

- Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores/as e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

- Que estea dada de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal da persoa solicitante.

- Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre no epígrafe 653.1 do IAE.

CANDO:Dende o 16/06/2017 ata o 17/07/2017

INSCRICIÓNS:Dende o 16/06/2017 ata o 17/07/2017

PÁXINA WEB: Ligazón á Sede electrónica da Xunta de Galicia

CONTACTO:Consellería de Economía, Emprego e Industria

Dirección Xeral de Comercio

Subdirección Xeral de Comercio

Servizo de Ordenación

Edificio Administrativo San Caetano, 3ª planta

15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 545 507 / 981 545 525 Fax: 981 545 541

Correo electrónico: cei.dxc.axudas@xunta.es

Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

Dirección Xeral de Comercio. Xunta de Galicia

Convocatoria subvención

Extracto convocatoria subvención

Para máis información AEDL de Sada. Edificio administrativo do Concello de Sada. Avenida da Mariña, 25. Terceiro andar.

Arquivado en:
Axencia de emprego e desenvolvemento local. Urbanismo e emprego.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Emprego.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA