CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2017

14/09/2017

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2017

A concellería de Deportes convoca a concesión de bolsas para axuda a deportistas do Concello de Sada, ao abeiro das bases reguladoras da concesión de bolsas para deportistas de sada 2017 aprobadas no marco das Bases de Execución do Orzamento Xeral para 2017. As axudas outorgaranse con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000 ata o límite de 10.500,00 euros.

O prazo de presentación de instancias remata o 28 de setembro de 2017


O obxecto da presente convocatoria é establecer os criterios e o procedemento para a concesión de bolsas a deportistas de nivel do Concello de Sada, dacordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade coa intención de fomentar o deporte de nivel entre os veciños do municipio. As axudas son individuais e serán concedidas exclusivamente para participar en competicións deportivas oficiais a nivel comunitario, nacional ou internacional cuxas disciplinas estean recoñecidas pola federación galega, nacional ou internacional da disciplina en cuestión e polo Consejo Superior de Deportes.

Estas axudas serán compatibles con outras axudas, públicas ou privadas, que se concedan para a mesma finalidade. A dotación total da presente convocatoria é de 10.500,00 euros, cun límite máximo por bolseiro de 1.500,00 euros.

 

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Deportes.

AXENDA