CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2018-2019

04/09/2018

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2018-2019

A presente convocatoria da concellería de Educación, Xuventude e Saúde, ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2018/2019, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.

BASES CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2018-2019


Concederase unha única axuda para todo o curso lectivo, que será aboada en dous prazos: un 70% na anualidade 2018 e un 30% na anualidade 2019. Establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do/a beneficiario/a e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado (sempre e cando o centro careza de transporte escolar), segundo o baremo que figura a continuación (a distancia mínima para percibir a axuda é de 1 km.):

- De 1 a 3 km.: 40 euros (por ex. Sada)

- De 4 a 15 km.: 60 euros (por ex. Bergondo, Betanzos..)

- De 16 a 40 km.: 80 euros (por ex. A Coruña..)

- De 41 a 80 km.: 120 euros (por ex. Santiago, Lugo..)

- Máis de 80 km.: 150 euros (por ex. Pontevedra, etc.)

No caso de que, a vista do número de solicitantes beneficiarios e unha vez concedidas ás axudas polos importes establecidos no parágrafo anterior, se supera a contía total fixada na Disposición Final; as citadas contías reduciranse nun 10% do seu importe, sucesivamente e ata que se de cobertura á totalidade das solicitudes presentadas. As persoas que estean cursando estudios en máis dun centro só poderán solicitar a axuda económica para un deles

Beneficiario/as:

Poderán acollerse o alumnado empadroado no Concello de Sada que curse calquera dos seguintes estudios dentro ou fóra da Comunidade Autónoma Galega:

- Educación Secundaria Adultos (ESA)

- Bacharelato

- FP/Ciclos formativos

- Estudios universitarios

- Calquera estudio oficial homologado estatalmente.

Ademáis, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar empadroado no Concello de Sada

b) Estar empadroado a máis de 1 km. de distancia do centro de estudios

c) Estar matriculado nun centro de ensino público

d) En función da natureza da subvención aplícase a excepción prevista no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos requisitos para obter a condición de beneficiario

Non poderán acollerse as persoas que se atopen nos seguintes supostos:

- Ter solicitada para o presente curso lectivo calquera outra axuda económica relacionada co desprazamento ao centro de ensino, ou ben estar matriculadas en cursos onde estean total ou parcialmente subvencionados os gastos de desprazamento.

- Cursar estudios de educación primaria ou secundaria (ESO), ou Infantil (3-5 anos)

- Estar matriculados en centros privados ou públicos concertados

- Cursar estudios con duración inferior a 6 meses

Publicación das bases e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes, dirixidas ao sr. Alcalde e asinadas polo solicitante, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.

As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará na páxina web do Concello podendo presentarse as instancias a partir dese momento.

Documentación a presentar:

a) Solicitude en modelo normalizado, conforme ao Anexo I.

b) Certificado de conta bancaria, expedido pola entidade bancaria co nome do interesado/a ou titor/a legal. c) Volante de empadroamento do/da solicitante.

d) Certificado de estar matriculado/a no actual curso académico 2018-2019 ou resgardo da matrícula, de cara ao 1º prazo para a obtención do 70% da axuda.

e) Boletín de notas finais, coa data de finalización do curso (a presentar na anualidade 2019 de cara ao segundo prazo para a obtención do 30% restante da axuda).

f) Declaración xurada de que non foron percibidas outras axudas polo mesmo concepto doutros Organismos e/ou Administracións Públicas e, no caso de percibilas, contía das mesmas (ANEXO II).

Baremaranse as solicitudes e elaborarase o informe-proposta para a súa concesión ou denegación en función do cumprimento dos requisitos esixidos pola Concellería delegada de Educación. Unha vez fiscalizada pola Intervención municipal, a Alcaldía concederá as subvencións mediante acordo no que se especifique a relación de solicitantes aos que se conceden as subvencións e a desestimación das restantes solicitudes.

O outorgamento das subvencións notificarase aos interesados segundo o establecido nos artigos 40 a 43 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do procedimento administrativo común das administracións públicas. A resolución da concesión farase pública, como mínimo, mediante exposición pública no taboleiro de anuncios municipal durante o prazo de un mes. Para o cobro do 30% restante (anualidade 2019) deberán presentar antes do 31/08/2019 o correspondente boletín de notas.

A non presentación desta xustificación no prazo establecido para elo suporá á renuncia a esta segunda fase da axuda.

Disposición final.

As axudas serán concedidas sempre co límite orzamentario da partida 326.48011 do vixente orzamento municipal, ampliables no caso de economía doutras subvencións destinadas á educación.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Educación. Mobilidade.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA