Conferencia de Turismo e Medio Ambiente na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo .

25/04/2017

Conferencia de Turismo e Medio Ambiente na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo .

A casa da Cultura de Sada acollerá a Conferencia de Turismo e Medio Ambiente organizada pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Durante as dúas xornadas realizaranse distintas mesas de debates onde falarase do potencial turístico da Reserva dentro da provincia da Coruña, do Plan Leader 2014-2020 ou dos novos retos para a posta en valor dos recursos locais.

Ademáis darase a coñecer as distintas apostas que estanse a realizar para incentivar o turismo desde os concdellos, as oportunidades de turismo sustentable mediante a creación de Espazos Naturais de Interese Local como As Brañas de Sada e o turismo e gastronomía de excelencia na Reserva de Biosfera.

Para asistir a estas xornadas, que terán lugar de 10:00 a 14:30 horas o  xoves 27 de abril e o venres 28 de abril,  os interesados deben anotarse enviando un correo  a info@marinasbetanzos.org ou no teléfono  981669541.

Podes consultar toda a programación aquí


Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada.

Temas:
Turismo. Formación. Medio ambente.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA