Concentración en repulsa dos atentados en Bruxelas

23/03/2016

Concentración en repulsa dos atentados en Bruxelas

Os concellos de toda Galicia convocaron para hoxe mércores ao mediodía nas sedes dos edificios e dependencias públicas unha concentración silenciosa en memoria dos numerosos falecidos nos atentados perpetrados na mañá de onte en Bruxelas.

O Concello de Sada realizou un chamamento a todos os cidadáns para celebrar unha concentración diante do edificio do Concello e gardar un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas dos atentados de #Bruxelas.

Sada mostra a súa condena ante os ataques e toda a súa solidariedade cos familiares e seres queridos dos falecidos.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Benestar social e igualdade. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Deportes.

Temas:
Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.