Completa a listaxe de nominados para a Gala do Deporte 2018

16/02/2018

Completa a listaxe de nominados para a Gala do Deporte 2018

Xa está completo o listado de nominados para a Gala do deporte de Sada 2018 que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro na Casa da Cultura Pintor Llorens, cun total de 31 nominados repartidos en 12 categorías. Nesta gala recoñeceranse os méritos acadados polos deportistas máis destacados do ano 2017 no pobo sadense.

Os nominados foron seleccionados polo xurado de entre numerosos deportistas e entidades propostas polos clubes. Os gañadores non se farán públicos ata a propia gala. Ademáis destes galardóns, o xurado fará diferentes mencións e recoñecementos a deportistas e clubes pola súa labor tanto no presente como ao longo dos anos.

Arquivado en:
Deportes.

Temas:
Deporte.

Perfís:
Veciños.