Chega a Sada o programa de prevención da violencia de xénero na idade adolescente "Suprime o CONTROL"

09/04/2018

Chega a Sada o programa de prevención da violencia de xénero na idade adolescente "Suprime o CONTROL"

SUPRime o CONTROL

O venres 20 de abril chega a Sada o programa socioeducativo "SUPRime o CONTROL", unha iniciativa da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a Garda Civi, coa colaboración da concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Sada, que pretende previr as situacións de violencia de xénero, sobre todo na idade adolescente, e informar as familias sobre os riscos das novas tecnoloxías.

A xornada está dirixida ás familias, coa finalidade de achegarlles algunhas ferramentas que lles permitan abordar estes problemas desde a contorna familiar. A charla terá lugar o venres 20 de abril no Salón de Plenos da Casa do Concello (Edificio Antiga Ayudantía na Avenida do Porto), ás 18 horas. Participarán persoal docente e a unidade especializada da Garda Civil en actividades educativas de prevención de violencia contra as mulleres e en novas tecnoloxías.


Arquivado en:
Novas. Benestar social e igualdade. Avisos. Sada.

Temas:
Benestar Social. Formación. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Xuventude. Maiores.

AXENDA