Campaña de actividades socioculturais en centros cívicos

22/02/2018

Campaña de actividades socioculturais en centros cívicos

Inicialmente ofertamos a veciñas e veciños unha actividade en cada centro cívico municipal, colaborando coa programación que veñen desenvolvendo as asociacións veciñais.

Propoñemos actividades de formación en disciplinas artísticas, como son: fotografía , dende un móbil a unha “reflex”, modelaxe en papel, artes florais, encaixe de bolillos e risoterapia.

NON NECESITAS TER COÑECEMENTOS PREVIOS NIN É NECESARIO INSCRIBIRSE:

Escolle actividade/s, móvete ao centro que desexes… e participa!!

NOTA: duración de febreiro a xuño, 100% subvencionado, non é necesario ser socio das AA.VV.

En resume… +.cul é:

+ actividades de formación sociocultural.

+ sedes para a oferta cultural, programando en cada parroquia con casa do pobo.

+ preto, achegando propostas culturais e poñéndoas ao alcance da poboación en centros de proximidade.

+actividades e apoio á programación dos centros cívicos.

+comunicación, cun diálogo máis estreito coas asociacións veciñais.

+co-xestión de espazos, potenciando o seu uso para fins culturais.

 

E próximamente…

A dinámica deste proxecto é a de avanzar na colaboración coas asociacións de veciñas/os e na comunicación coa poboación beneficiaria co obxecto de conformar unha oferta cultural máis ampla e adaptada ás demandas da comunidade. O noso patrimonio cultural e histórico, as artes visuais, escénicas, a música, as artes plásticas, a literatura… son sectores culturais nos que nos apoiaremos para a construción da programación semestre a semestre, ademais de continuar utilizando principios e contidos propios da animación sociocultural.

 

Arquivado en:
Novas. Comunicación. Cultura e praias.

Temas:
Cultura.

Perfís:
Veciños.

AXENDA