Campamentos Deportivos de Verán 2017

20/06/2017

Campamentos Deportivos de Verán 2017

Actualizado o 20 xuño 2017

Trescentos sesenta rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participarán este verán en Culleredo nos campamentos deportivos da Deputación.

Ao Concello de Sada correspóndelle 5 prazas, na primeira quenda, do 19 ao 25 de agosto.

Acta sorteo Campamentos Deportivos (20/06/2017)

Folla preinscripción

Información Campamentos Verán 2017


Sada 24 maio 2017

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse no Centro Residencial Docente de Culleredo (antiga Universidade Laboral) en dúas quendas, do 19 ao 25 de agosto e do 26 de agosto ao 1 de setembro. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 17 de xuño nos concellos.

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da equitación, a natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes náuticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquiarium Finisterrae, o xardín de San Carlos ou o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

En cada quenda participarán un total de 180 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por 18 monitores titulados e o un director de campamento.

Dúas quendas na segunda quincena de agosto

Na primeira quenda, do 19 ao 25 de agosto, participarán nenos/as de Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Cabanas, Cambre, A Capela, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coirós, Culleredo, Curtis, Fene, Ferrol, Frades, Mañón, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Oza-Cesuras, Paderne, O Pino, Pontedeume, As Pontes, Sada, San Sadurniño, Santiso, Sobrado, As Somozas, Toques, Tordoia, Valdoviño, Vilarmaior e Vilasantar.

Na segunda quenda, do 26 de agosto ao 1 de setembro, será a quenda para os rapaces/as de Ames, A Baña, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Dodro, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Padrón, A Pobra, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vimianzo e Zas.

Arquivado en:
Novas. Deportes.

Temas:
Subvencións e axudas. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA