CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN 2018

23/05/2018

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN 2018

Catrocentos rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participarán este verán nas instalacións do centro Calvo Sotelo de A Coruña nos campamentos deportivos da Deputación.

A Sada correspóndelle 5 prazas, na segunda quenda, do 8 ao 13 de xullo, para nenos e nenas persoas empadroadas no concello.

Folla preinscripción Campamentos Deportivos 2018


Sada 23 maio 2018

Os Campamentos Deportivos 2018 están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade (cumpridos no 2018) e desenvolveranse no centro Calvo Sotelo de A Coruña en catro quendas. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención.

A concellería de Deportes abre a preinscrición para os Campamentos de Deportivos 2018. As persoas interesadas deberán cubrir a folla de preinscrición e entregala no Rexistro do edificio de servizos administrativos do Concello de Sada, avenida da Mariña 25,  antes do vernes 8 de xuño do 2018. Terán preferencias as persoas que nunca participasen nesta actividade.

Posteriormente, e no caso de que existan máis solicitudes que prazas concedidas, efectuarase un sorteo público o luns 11 de xuño ás 11:00 horas, nas dependencias da concellería de Deportes, situada no entrechan do edificio de servizos administrativos do Concello de Sada.

As persoas que resulten elexidas para participar nos Campamentos Deportivos 2018, deberán presentar a documentación requerida antes do venres 15 de xuño.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Deportes. Veigue.

Temas:
Subvencións e axudas. Mobilidade. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA