BIC para o edificio de A Terraza.

16/04/2018

BIC para o edificio de A Terraza.

No DOGA do día de hoxe, 16 de abril, publicase a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural, coa categoría de monumento, a Terraza de Sada.


Sada, 16 abril 2018.

A Xunta de Galicia dá continuidade deste xeito a un expediente que acumula 40 anos de retraso e que súa finalización foi reiteradamente demandanda por parte do goberno municipal de Sada e do propio Pleno da Corporación.

O alcalde de Sada, Benito Portela, reuniuse en diversas ocasión cos responsables da Xunta co obxectivo de impulsar e demandar a finalización do procedemento que debe dar protección e poñer en valor un inmoble tan senlleiro e emblemático como é A Terraza.

Na Resolución que hoxe se publica no DOGA, a Xunta de Galicia incorpora as determinacións do PXOM aprobado definitivamente e aplica de forma inmediata e provisional, o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os bens de interese cultural e para os monumentos en particular, en especial no referido ás obrigas de conservación polo actual concesionario e a tutela en casos de transmisión de dita concesión.

En definitiva, o Concello de Sada de Sada reitera unha vez máis súa satisfacción coa resolución da Xunta e agarda que a finalización do expediente sirva para acadar a elaboración dun proxecto ou plan integral de conservación, na medida en que se prevexa a futura xestión do inmoble, localizado en dominio público de costas, e suxeito a unha concesión outorgada en xullo de 1922.  O goberno local precisa ao respecto que aínda que o uso actual sexa o hosteleiro, o PXOM cualifica a Terraza como sistema xeral de equipamento público (uso socio-cultural).

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Economía. Turismo. Urbanismo. Vivenda.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.