Benito Portela solicita una reunión urxente coa recentemente nomeada conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato

21/11/2016

Benito Portela solicita una reunión urxente coa recentemente nomeada conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato

- O motivo da urxencia da reunión que solicita o alcalde de Sada ven dado polo recente nomeamento de Beatriz Mato ao fronte da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pero ademáis,  sinala Portela, para que se inclúan as obras dentro dos orzamentos do 2017 da Xunta de  Galicia “tendo en conta o obxectivo de presentar o proxecto de Orzamentos 2017 o 1 de decembro, como consta no informe sobre o calendario de elaboración dos Orzamentos para 2017 realizado pola Consellería de Facenda e analizado no Consello da Xunta”

- As conclusións e solucións aos problemas das inundacións aportadas polo Grupo de Enxeñería da Auga da Universidade da Coruña presentaranse á cidadanía de Sada nos próximos días nunha reunión que terá lugar na Casa da Cultura e onde estarán presentes os enxeñeiros do GEAMA.

Sada 19 novembro 2016.

O alcalde de Sada, Benito Portela, ven de solicitar esta semana una reunión urxente coa recentemente nomeada conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para “trasladarlle a preocupación dos veciños e veciñas do concello de Sada polo atraso que acumulan as obras solicitadas de maneira unánime polo pleno da corporación o pasado 31 de marzo”.

Portela lembra que no citado pleno os representantes de todas as forzas políticas da corporación solicitában mediante unha moción ao ente Augas de Galicia un conxunto de obras “para solucionar dunha vez os problemas que xeneran as inundacións que habitualmente se producen no noso municipio e que o pasado 30 de marzo alagaron completamente a zona do barrio de Cantalarrana”.

A moción incluía na súa disposición final a solicitude a Augas de Galicia de actuacións tendentes á mellora das infraestructuras da canalización do Río Maior, a realización soterrada de tanques de tormentas e a construción dun novo bombeo intermedio da EDAR de Sada.

“Estas peticións, lembra o alcalde na carta que enviou á conselleira de Medio Ambiente, xa foron no seu día trasladadas ao director xeral de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez” e agora “gustaríame trasladarllas persoalmente para explicarlle, cos proxectos das citadas actuacións, a importancia que teñen para os veciños e veciñas de municipio para que non volvan producirse inundacións na zona”.

O motivo da urxencia na reunión que solicita o alcalde de Sada ven dado polo recente nomeamento de Beatriz Mato ao fronte da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pero ademáis,  sinala Portela, para que se inclúan as obras dentro dos orzamentos do 2017 da Xunta de  Galicia “tendo en conta o obxectivo de presentar o proxecto de Orzamentos 2017 o 1 de decembro, como consta no informe sobre o calendario de elaboración dos Orzamentos para 2017 realizado pola Consellería de Facenda e analizado no Consello da Xunta”.

O alcalde de Sada pretende mostrarle á conselleira outras actuacións que se deberían realizar con cargo a ditos orzamentos e que están contempladas nos estudos realizados polo Grupo de Enxeñería da Auga e Medio Ambiente da Universidade da Coruña da modelización das Brañas e o Río Maior. No citado estudio aportan as conclusións do que sucedeu e as solución, en forma de actuacións, para que non volva a ocorrer unha catástrofe semellante á do pasado 30 de marzo.

Estas conclusións e solucións aportadas polo Grupo de Enxeñería da Auga da Universidade da Coruña  presentaranse á cidadanía de Sada nos próximos días nunha reunión que terá lugar na Casa da Cultura e onde estarán presentes os enxeñeiros do GEAMA.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego.

Temas:
Subvencións e axudas. Urbanismo. Mobilidade. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA