Benestar Social mellora cunha aplicación informática o servizo de axuda no fogar

31/10/2016

Benestar Social mellora cunha aplicación informática o servizo de axuda no fogar

- Con esta aplicación os veciños verán mellorados os horarios de atención, estarán geolocalizados para facilitar a visita dos profesionais e até poderán ter acceso o seu historial, ao plan de intervención, os incidentes que tiveron e, deste xeito, diminuír as consultas ou chamadas telefónicas.


Sada, 31 de outubro

A tecnoloxía porase desde novembro ao servizo dos veciños do noso municipio, usuarios da axuda no fogar, grazas a un asistente de xestión que automatiza as tarefas cotiás deste servizo.

Segundo resalta a concelleira do BNG responsable de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimúndez, "con esta aplicación os veciños verán mellorados os horarios de atención, estarán geolocalizados para facilitar a visita dos profesionais e até poderán ter acceso o seu historial, ao plan de intervención, os incidentes que tiveron e, deste xeito, diminuír as consultas ou chamadas telefónicas. En definitiva, esperamos ofrecer un servizo máis preciso, evitar posibles queixas e ter a certeza de facer unha boa xestión do gasto público".

Este asistente de xestión vai unificar o traballo dos propios funcionarios e automatizar as tarefas do servizo no fogar xa que xera, por exemplo, o calculo automático de tempos de desprazamento, facturación ou ter unha canle de comunicación interna para comunicarse en tempo real coa consecuente mellora na organización e no control do servizo de axuda.

Arquivado en:
Novas. Benestar social e igualdade.

Temas:
Benestar Social. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Maiores. Dependencia.

AXENDA