Benestar programa un curso de alfabetización para persoas adultas

14/10/2016

Benestar programa un curso de alfabetización para persoas adultas

A concellería de Benestar Social a través do departamento de Servizos Sociais municipal organiza un curso de alfabetización para persoas adultas. Trátase dun espazo para acadar capacidades básicas de lecto-escritura e cálculo.


 

O curso terá lugar a partir do 17 de outubro os luns e xoves de 10:30 a 12:00 horas no local de Servizos Sociais.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden acudir aos Servizos Sociais Comunitarios básicos de Sada na rúa Lagoa 44 PT 4 baixo dereita ou chamar ao teléfono 981620567.

Cartel Alfabetización para personas adultas.

 

Arquivado en:
Benestar social e igualdade. Avisos.

Temas:
Benestar Social. Formación. Educación.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA