Benestar premia aos escolares polas súas obras en contra da violencia de xénero

02/12/2015

Benestar premia aos escolares polas súas obras en contra da violencia de xénero

O pasado 25 de novembro celebrouse na Casa da Cultura un acto onde se recordou o día internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. No acto entregáronse os premios do I Concurso de Microrelatos contra a Violencia de Xénero que se veu realizando nas últimas semanas nos colexios do municipio cunha gran participación.




Os ganadores, todos eles do IES Isaac Díaz Pardo, foron:

A concejala de Benestar Social, Isabel Reimundez, "agradeceu aos escolares a súa participación e ao profesorado dos centros educativos o seu implicación porque son unha parte moi importante na concienciación para a erradicación da violencia desde a adolescencia.". Este concurso desenvolveuse nos centros escolares de Sada durante o último mes, coa axuda dos docentes que mostraron o seu apoio á realización de relatos contra a Violencia de Xénero.

Ademais, durante a celebración do acto, fíxose un recoñecemento ás diferentes entidades públicas do Concello de Sada. Deste xeito recoñeceuse o labor dos centros escolares de municipio (IES Isaac Díaz Pardo, IES Mosteiroón, colexio Pedro Barrié da Maza, colexio de Mosteirón, colexio de Carnoedo e colexio Sada e Contornos), do Centro de Saúde, da Biblioteca Municipal, da Casa da Cultura, da Escola Infantil "Flora Ramos", da Escola Infantil Galiña Azul, da OMIX e do Centro de Día de Mondego.

Arquivado en:
Novas. Benestar social e igualdade. Avisos.

Temas:
Benestar Social.

AXENDA