Benestar convoca as actividades de Universo Diverso

21/12/2016

Benestar convoca as actividades de Universo Diverso

A concellaría de Benestar, a través do departamento de Servizos Sociais, convoca as actividades de Universo Diverso, para persoas con diversidade funcional.

Desde Servizos Sociais programan diversos obradoiros  que terán lugar en horario de 10:30 a 13:30 horas. O obradoiro de teatro realizarase cada luns na Casa da Cultura, os mércores terá lugar o obradoiro de novas tecnoloxías na aula CeMit e os xoves, nas dependencias de Servizos Sociais, levará a cabo o obradoiro de pintura.

Ademais Universo Diverso programa un club de lecer para realizar actividades varias no fin de semana. Para máis información e inscricións poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, en cálea Lagoa nº44 baixo, ou ben chamar ao teléfono 981 620 567

Arquivado en:
Novas. Benestar social e igualdade.

Temas:
Benestar Social. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA