AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2017-2018

03/11/2017

AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2017-2018

O prazo para solicitar as axudas ao transporte co fin escolar remata o 8 de novembro 2017.

08/11/2017 - PUBLICACIÓN NO BOP DO EXTRACTO DA CONVOCATORIA DE AXUDAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR 

17/10/2017 - PUBLICACIÓN DO ANUNCIO DA CONVOCATORIA DE AXUDAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2017-2018 NO BOP 

BASES CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2017-2018

ANEXO I - FOLLA SOLICITUDE

ANEXO II - DECLARACIÓN AXUDAS


A Concellería de Educación, Xuventude e Saúde ven de convocar as axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixidas ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2017/2018, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos. 

Concederase unha única axuda para todo o curso lectivo, que será aboada en dous prazos: un 70% na anualidade 2017 e un 30% na anualidade 2018. Establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do/a beneficiario/a e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado (sempre e cando o centro careza de transporte escolar), segundo o baremo que figura nas bases. 

Poderán acollerse ás axudas o alumnado empadroado no Concello de Sada que curse estudios dentro ou fóra da Comunidade Autónoma Galega de Educación Secundaria Adultos (ESA), Bacharelato, FP/Ciclos formativos, Estudios universitarios ou calquera estudio oficial homologado estatalmente. Ademáis os solicitantes deberán estar empadroados no Concello de Sada e a máis de 1 km. de distancia do centro de estudios así como estar matriculado nun centro de ensino público.

Non poderán acollerse a estas axudas as persoas que teñan solicitada para o presente curso lectivo calquera outra axuda económica relacionada co desprazamento ao centro de ensino, ou ben que estén matriculadas en cursos onde estean total ou parcialmente subvencionados os gastos de desprazamento. Tampouco poderán solicitar as axudas as persoas que cursen estudios de educación primaria ou secundaria (ESO), ou Infantil (3-5 anos) ou estean matriculados en centros privados ou públicos concertados.  

As solicitudes formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas. As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará na páxina web do Concello podendo presentarse as instancias a partir dese momento.

No caso de que, a vista do número de solicitantes beneficiarios e unha vez concedidas ás axudas, se supera a contía total fixada as citadas contías reduciranse nun 10% do seu importe, sucesivamente e ata que se de cobertura á totalidade das solicitudes presentadas. As persoas que estean cursando estudios en máis dun centro só poderán solicitar a axuda económica para un deles.

 

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Subvencións e axudas. Educación. Mobilidade.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA