AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017-2018

23/09/2017

AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017-2018

AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017-2018

ANEXO I - MODELO SOLICITUDE AXUDAS

ANEXO II - DECLARACIÓN DE AXUDAS

IMPORTANTE: O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 23 DE OUTUBRO 2017.


Sada 23 setembro 2017

A presente convocatoria, realizada pola concellería de Educación, Xuventude e Saúde,  ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.

As axudas distribuirase para estudos de educación infantil de calquera ciclo, para os estudos de Educación primaria, para os estudos de FP Básico, para os estudos de Educación secundaria.

Para aquelas familias que acrediten estar percibindo a RISGA ou PNC a axuda incrementarase sempre e cando cumpran os demais requisitos da presente convocatoria.

No caso de unidades familiares que teñan aberto expediente no Departamento municipal de Servizos Sociais e que non reúnan os requisitos para solicitar as axudas, queda aberta a posibilidade da súa concesión segundo a valoración das profesionais do Departamento municipal de Servizos Sociais.

As solicitudes formularanse no modelo que figura nas Bases como anexo da convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, xunto coa documentación solicitada.

As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, podendo presentarse a partir do luns 25 de setembro.

 

Arquivado en:
Carnoedo. Mondego. Mosteirón. Sada. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Educación.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA