As veciñas de Sada protagonistas no Día da Muller

06/03/2018

As veciñas de Sada protagonistas no Día da Muller

-  O grupo de alumnas do IES Isaac Diaz Pardo, que gañaron o concurso de guions de violencia de xénero da Deputacion, realizarán ademáis unha representación-interpretacion do guion.


Sada, 6 de marzo 2018.

O vindeiro domingo 11 de marzo as 19:00 horas na Casa da Cultura Pintor Llorens, terá lugar o acto organizado pola concelleria de Benestar Social e Igualdade para conmemorar o Día internacional da Muller.

Desde a concellería programan unha xornada onde participará o grupo de alumnas do IES Isaac Diaz Pardo, que gañaron o concurso de guións de violencia de xénero da Deputacion, e proxectarase un vídeo onde participan 60 veciñas de Sada .

Na  primeira parte do acto participarán as alumnas do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, que recentemente resultaron gañadoras do IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero convocada pola  área de Igualdade da Deputación da Coruña co traballo "Deámoslles voz" no que se abordan as distintas formas de violencia machista. O texto aborda dende a mirada dunha moza adolescente a violencia machista que se dá no interior da súa familia e entre unha parella do seu instituto, situación que intentará reverter dándolle voz ás vítimas dos maltratos. As alumnas do IES Isaac Díaz pardo realizarán unha representación-interpretacion do guion  no acto do Día da Muller.

A concellería de Benestar programa para a segunda parte cdo acto a proxeccion dun video, realizado polo sadense Carlos Babio Nogueira, onde aparecen mais de 60 mulleres de Sada en diferentes roles e accions. “Este traballo trata de dar visibilidade en positivo ás diferentes e multiples facetas das mulleres no noso Concello” sinala Isabel Reimundez, concelleira de Benestar, e para iso “contamos ca colaboracion do Rayo Sadense feminino, do Club Atletismo Sada, IES Isaac Diaz Pardo, Sadanza, Escola de Danza Carmen López, Abanca, Cal Pita, Parga y Asociados ...”

Reimundez lembra que “no pasado pleno do mes de febreiro presentei unha mocion de apoio á Folga do 8M, que foi aprobada cos votos favorables do goberno e cos votos en contra do Partido Popular, e tal e como anunciabamos na mocion, penduramos unha pancarta na fachada do Concello apoiando ao movemento feminista”.

“Atreveriame a dicir, indica a concelleira de Benestar, que Sada é claramente feminista. A sociedade e tecido asociativo se volca cada vez que hai unha campaña de sensibilización ou participación en materia de igualdade de xénero. E ademais temos algo moi importante, xuventude concienciada, como as alumnas do IES gañadoras de premios de Igualdade a nivel provincial”.

 

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Benestar social e igualdade. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Benestar Social. Formación. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA