As avoas protagonistas en Sada no Día da Muller

04/03/2016

As avoas protagonistas en Sada no Día da Muller

- Unha exposición realizada pola concellería de Educación, en colaboración cos centros de ensino do municipio, rende homenaxe ás avoas.

- Cultura programa para o venres unha obra de teatro e ademais unha campaña de denuncia social que terá as rúas de Sada como escenario.

Sada,  8 marzo 2016.


Esta mañá inaugurouse unha exposición na Casa da Cultura Pintor Lloréns para celebrar o Día Internacional da Muller. Dende a concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, en colaboración cos centros de ensino do municipio, realizouse unha actividade co alumnado entre os días 22 e 26 de febreiro para render homenaxe ás avoas. “Que que mellor homenaxe á muller traballadora que pór en valor a quenes nos facilitaron o camino”, indica Raquel Bolaño, concelleira de Educación.

Todos os traballos feitos polos alumnos e alumnas dos distintos centros escolares forman parte dende hoxe da exposición que se poderá visitar ate fin de mes. “Invitamos a todos os veciños e veciñas de Sada, sinala Bolaño, a contemplar os traballos dos máis novos onde homenaxean as súas avoas”.

Na exposición está dispoñible un libro de opinións para que os veciños e veciñas deixen a súa menxase sobre o día da Mujer e a súa opinión sobre a exposición.

“Nun dia como hoxe, recalca Bolaño, tamén cabe falar sobre conciliación laboral grazas as medidas de conciliación moitas mulleres podemos acudir hoxe en día a traballar”

Outra das actividades programadas pola concellería de Educación é unha xornada de grafitti  e tamén de pintura para nenos e nenas que esta prevista para este sábado día 12 de marzo.


Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA