Alumnos de Turismo visitan lugares emblemáticos de Sada

27/02/2017

Alumnos de Turismo visitan lugares emblemáticos de Sada

- Esta visita é fundamental no desenvolvemento futuro da Estratexia Turística do Concello de Sada xa que nos traballos que leven a cabo estes alumnos, e que se presentarán nas Xornadas de Turismo e Medio Ambiente que terán lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns o 27 e o 28 de abril, o municipio de Sada será o centro neurálxico das Mariñas.


Sada, 27 de febreiro 2017

Os lugares emblemáticos de Sada, os puntos de interese turístico e natural do municipio van ser avaliados por alumnos da Escola de Grao de Turismo e Empresariais da Coruña tras visitalos o pasado venres en compaña do técnico de Turismo, dá técnico de Medio Ambiente e do propio concelleiro, o nacionalista Liss Suárez Becerra.

A iniciativa tenta alcanzar visións alternativas, de xente nova, profesionais que se están formando no ámbito turístico, de persoas que ven por primeira vez a Fábrica de Cerámica do Castro, o espazo natural das Brañas ou mesmo o edificio da Terraza.

"Unha vez que se realicen estes traballos poderanse calibrar as carencias e as virtudes que ten o municipio sobre todo a través dos ollos dos futuros profesionais deste sector tan importante", indica Becerra

Esta visita é fundamental no desenvolvemento futuro da Estratexia Turística do Concello de Sada xa que nos traballos que leven a cabo estes alumnos o municipio de Sada será o centro neurálxico das Mariñas. Uns traballos que se presentarán nas Xornadas de Turismo e Medio Ambiente que terán lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns o 27 e o 28 de abril.

Na visita, o concelleiro de Turismo resaltou aos alumnos e alumnas a declaración de BIC da Terraza e tamén o desenvolvemento de ENIL para as Brañas. Para o concelleiro nacionalista, Liss Suárez Becerra "o futuro de Sada pasa pola promoción, divulgación e explotación sustentable dos recursos cos que contamos. Agradecemos a xenerosidade de mestres e alumnos do Grao de Turismo e Empresariais e a súa implicación no potencial desenvolvemento de Sada a nivel turístico, empresarial e ambiental" indicou Suárez Becerra ao termo da visita. 


Arquivado en:
Novas. Meirás. Osedo. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada.

Temas:
Turismo. Formación. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA