Aberto o prazo para participar na exposición da Camelia de As Mariñas que terá lugar en Sada o 24 e 25 de marzo

01/03/2018

Aberto o prazo para participar na exposición da Camelia de As Mariñas que terá lugar en Sada o 24 e 25 de marzo

O mes de marzo en Sada podería identificarse cunha flor: a camelia. Non só porque esta flor está no seu momento de máximo esplendor nestes meses de inverno como se pode comprobar en tantas casas do noso municipio e arredores senón porque a Concellería de Medio Ambiente de Sada aposta por ela por segundo ano consecutivo a través da Exposición da Camelia de As Mariñas.

Folleto informativo Exposición da Cameila de As Mariñas


Sada 1 marzo 2018

Nesta edición a Casa da Cultura Pintor Lloréns é o lugar elixido para a exhibición das camelias, o fin de semana do 24 e 25 de marzo, e para albergar unha exposición fotográfica que recolle exemplares expostos na I Exposición feita no 2017 na Capela de San Roque.

Desta II Exposición da Camelia de As Mariñas a intención do concelleiro responsable de Medio Ambiente, Xose Lois Suárez Becerra é animar a todos os veciños a participar coa súa flor e a que “a expoñan con imaxinación e con orgullo xa que nesta zona temos exemplares que non desmerecen os de outros lugares con máis sona como pode ser todo o sur de Galicia. A zona de As Mariñas conta cunha gran cantidade de casas e xardíns nos que as camelias viven dende hai centos de anos e agora mesmo é o momento de presumir deles e incluso de velas como unha oportunidade de negocio e de futuro”.

Os veciños que o desexen poderán contar cun mínimo de tres metros e un máximo de 4 para a exposición das súas camelias. O período de inscrición, totalmente gratuíto, irá do 1 ao 12 de marzo ata ás 14:00 horas ben a través do correo electrónico turismo@sada.gal ou ben no 981 620 075, ext. 264. Os datos necesarios para formalizar a presenza nesta exposición serán o nome completo, enderezo, enderezo electrónico, un teléfono de contacto e a indicación dos metros que se desexan ter.

A Deputación da Coruña colabora nesta ocasión como xa o fixo o ano pasado coa flor do Pazo de Mariñán, un referente imprescindible para os admiradores da camelia e que sempre sorprende coa su exquisita presentación dos exemplares do pazo.

A “Sociedad Española de la Camelia” aporta o seu grao de area enviando a todos os seus socios o cartel da exposición e as datas da mesma.  O autor do cartel deste ano é o coruñés Juan de la Colina licenciado en Belas Artes pola Facultat de San Jordi, Univesitat de Barcelona. Artista que ten realizado diversas exposicións individuais e colectivas e participado en feiras internacionais.

Arquivado en:
Carnoedo. Meirás. Mondego. Mosteirón. Osedo. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Turismo. Medio ambente.

AXENDA