A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Sada o vindeiro mércores 13 de decembro

27/11/2017

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Sada o vindeiro mércores 13 de decembro

Unha unidade móbil desprazarase ata Sada, fronte ao edificio do Concello, o vindeiro mércores 13 de decembro en horario de 10:00 ás 14:00 horas e de 16:00 ás 21:00 horas

Cartaz Doazón de Sangue en Sada 13 decembro

A doazón paso a paso

Podo doar sangue?


A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación.

Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Sada, fronte ao edificio do Concello, vindeiro o mércores 13 de decembro en horario de 10:00 ás 14:00 horas e de 16:00 ás 21:00 horas

A colaboración de todas as veciñas e veciños e vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que precisan cada día para axudar a centos de enfermos


Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Meirás. Mondego. Benestar social e igualdade. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Benestar Social. Saúde. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA