A quinta edición do Outono de Tapas de Sada comeza este venres e durará toda a fin de semana.

02/11/2017

A quinta edición do Outono de Tapas de Sada comeza este venres e durará toda a fin de semana.

-Nesta edición, participarán un total de 22 establecementos, repartidos por catro zonas do municipio: Praia, centro, porto e interior. 


Sada 7 novembro 2017

Todo preparado para o V Outono de Tapas que terá lugar nos locais de hostelería sadenses do 10 ao 12 de novembro. Nesta edición, participarán un total de 22 establecementos, repartidos por catro zonas do municipio: Praia, centro, porto e interior. 

Asemade, a Concellería de Promoción Económica e Turismo, dirixida polo nacionalista Liss Becerra, contará coa colaboración do Grupo de Facebook “Eres de Tapas Si” para dinamizar o evento, e contará cun xurado profesional para a avaliación das tapas presentadas polos establecementos.

Os establecementos de hostalería participantes servirán as súas tapas tradicionais e creativas, elaboradas con produtos autóctonos galegos e típicos da tempada de outono de forma gratuíta con cada consumición, optando así ao premio do xurado onde Turismo de Sada emprenderá diferentes accións de difusión para os  locais gañadores. Tamén haberá un premio do público, onde os clientes poderán votar pola súa tapa favorita por medio de papeletas individuais e gañar ata 100€ en consumicións.

Será posible participar a través das redes sociais, compartindo cinco tapas de diferentes no Grupo de Facebook “Eres de Tapas Sí” optando ao premio “Tenedor de Oro” valorado en 50€ en consumicións nun dos locais gañadores. Deste xeito, amplíase o alcance do certame, pois aceptaranse fotos das tapas participantes no premio do xurado ademáis do resto de establecementos do municipio.

Os clientes que percorran os bares e restaurantes nas zonas de tapeo, Terán a posibilidade de degustar tradicionais tapas como a fabada, empanadas, carrilleras, torrijas, carpaccio de champiñons ou innovadoras creacións gastronómicas que inclúen a nota doce do concurso coma son os postres de outono.

"O Outono de Tapas constitúe un excelente escaparate para mostrar as mellores propostas culinarias da hostalaría sadense, as cales están elaboradas cos mellores produtos de tempada", destaca o concelleiro Liss Becerra.


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Osedo. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Turismo. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA