A concellería de Urbanismo e Emprego organiza un curso gratuito de Competencias Clave

14/03/2018

A concellería de Urbanismo e Emprego organiza un curso gratuito de Competencias Clave

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada, xestionada por Francisco Montoruto, organiza no seu Plan de Formación para o Emprego o curso gratuito para preparar o exame de competencias clave nivel 2 e 3 a e habilitará transporte gratuíto para a asistencia ao mesmo.

Formulario de inscrición


Sada 14 marzo 2018.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as probas de avaliación de competencias clave para o 2018. Por este motivo, a Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada organiza no seu Plan de Formación para o Emprego o curso gratuito para preparar o exame de competencias clave nivel 2 e 3 a e habilitará transporte gratuíto para a asistencia ao mesmo.

Para anotarse a dito curso, será IMPRESCINDIBLE estar inscrito/a ao exame de competencias clave.

Datas: do 03/04/2018 ata o 11/05/2018

Horario: de 9:30 a 12:00 (competencias clave nivel 2), de 12:00 a 13:30 h. (competencias clave nivel 3)

Lugar: Aula de música da Casa da Cultura Pintor LLoréns

Para inscribirse ao curso de preparación pode cubrir o seguinte formulario ou chamar ao 881929057 / 981620493

Prazo de inscrición ao curso ata o xoves 22 de marzo ás 12:00 h.

Para delimitar o grupo no que vai participar realizarase unha sesión informativa o venres 23 ás 10:00 h. na Casa da Cultura.

Calquera persoa que non teña o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou estudios homologados dese nivel é candidata a preparar as competencias clave xa que lle abrirán as portas para acceder á formación ocupacional e aos obradoiros de emprego, en concreto aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave

As competencias clave necesarias para acceder a todos os certificados dos niveis 2 e 3 de cualificación son:

- Competencia matemática

- Comunicación en lingua galega

- Comunicación en lingua castelá.

-A competencia en comunicación en lingua estranxeira requirirase para ter acceso aos certificados de profesionalidade que teñan recoñecido un módulo de idioma estranxeiro no seu programa, xa sexa de nivel 2 ou 3 de cualificación

 


Arquivado en:
Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Avisos. Urbanismo e emprego.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Educación. Urbanismo. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA