A concellería de Deportes concede 10.500€ en becas para deportistas de Sada

22/12/2017

A concellería de Deportes concede 10.500€ en becas para deportistas de Sada

-A concellería de Deportes concedeu axudas a un total de 19 deportistas sadenses que compiten en disciplinas como taekwondo, atletismo hípica, kárate, salvamente acuático ou patinaxe de velocidade.

- A concellería de Deportes convocou ademáis subvencións dirixidas a entidades deportivas para o ano 2017 que actualmente están en fase de valoración. A dotación total das axudas para os clubes que aporta o Concello de Sada é de 56.500 euros.

Concesión de bolsas para deportistas do Concello de Sada para o ano 2017


Sada, 21 de decembro 2017.

O Concello de Sada a través da concellería de Deportes, xestionada por Zeltia García, no seu labor de promoción do deporte e consciente das dificultades que teñen moitos mozos con talento, especialmente nas etapas de formación, vén de de publicar a concesión de bolsas para deportistas do Concello de Sada para o ano 2017, co obxectivo de apoiar a práctica e participación dos nosos mozos deportistas en eventos deportivos.

A concellería convocou estas axudas para deportistas de nivel do Concello de Sada, dacordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade coa intención de fomentar o deporte de nivel entre os veciños do municipio e potenciar a participación en competicións oficiais de categoría autonómica, nacional ou internacional.

En total foron concedidas bolsas a un total de 19 deportistas sadenses que compiten en disciplinas como taekwondo, atletismo hípica, kárate, salvamente acuático ou patinaxe de velocidade.

As axudas que agora se otorgan son individuais e foron concedidas exclusivamente para participar en competicións deportivas oficiais a nivel comunitario, nacional ou internacional cuxas disciplinas estean recoñecidas pola federación galega, nacional ou internacional da disciplina en cuestión e polo Consejo Superior de Deportes, ademáis son compatibles con outras axudas, públicas ou privadas, que se concedan para a mesma finalidade. A dotación total das axudas concedidas que aporta íntegramente o Concello de Sada é de 10.500 euros.

Deportistas de élite sadenses

Os deportistas sadenses presentaron para a concesión destas axudas un resumo do historial deportivo do ano 2017, no que constaba as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais ou internacionais, con especificación de datas, lugar e nivel de competición.

O área de deportes do Concello de Sada revisou os expedientes que seguidamente foron valorados por unha comisión de avaliación que tivo en conta o proxecto deportivo (nivel, categoría e número de competicións) a implantación e importancia da modalidade deportiva no eido nacional, os resultados obtidos, a achega económica propia para o desenvolvemento do proxecto/competición e outros méritos.

Subvenciónss para clubs deportivos de Sada

Asemade a concellería de Deportes convocou subvencións dirixidas a entidades deportivas para o ano 2017 que actualmente están en fase de valoración. A dotación total das axudas para os clubes que aporta o Concello de Sada é de 56.500 euros.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Sada. Deportes.

Temas:
Subvencións e axudas. Deporte.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA