A concellaría de Obras e Servizos reformará integramente a avenida República Arxentina

31/01/2018

A concellaría de Obras e Servizos reformará integramente a avenida República Arxentina

O Perfil do Contratante  do Concello de Sada publica dúas actuacións na avenida República Arxentina na que a concellaría de Obras e Servizos previu obras de de pavimentación e servizos en ambas as marxes do viario.


Sada, 24 xaneiro 2018.

Sada publica a licitación, por procedemento aberto, da obra de pavimentación de beirarrúas e mellora dos servizos afectados no tramo esquerdo da Avenida República Arxentina por un importe de 135.000€ que o goberno local financia con fondos propios do remanente de tesouraría.

A concellaría de Obras e Servizos, que xestiona Miguel Tenreiro, previu obras de pavimentación das beirarrúas e servizos de residuais e pluviais entre a edificación sita no nº 13 ata o nº 53, o tramo que discorre desde o cruzamento da avenida República Arxentina coa rúa da Obra ata practicamente o límite co Concello de Bergondo.

O proxecto contempla a instalación, onde se precise, de nova canalización para substituír a actual de distribución de auga e a colocación de pavimento idéntico ao que se está colocando en Sada na zona peonil.

A Avenida República Arxentina tamén será obxecto de obras de pavimentación e mellora dos servizos a través doutro proxecto financiado polo Plan Único con 47.464 euros e que está pendente de adxudicación.

Concretamente a concellaría de Obras e Servizos pretende mellorar a marxe dereita da avenida que vai desde a edificación sita no nº 24 ata o nº 50. Trátase do tramo desde o cruzamento coa Travesía da Obra ata o cruzamento coa estrada de Armuño, e tamén a travesía República Arxentina.

Neste caso, os traballos consistirán na demolición e pavimentado das beirarrúas e zonas de tránsito que se dotarán de novo pavimento de granito. Paralelamente, crearase unha canalización para as augas pluviais, xa que na actualidade carece deste servizo básico, que estará conectada coas bajantes das cubertas dos edificios. O proxecto contempla tamén revisar e acometer outras melloras nas infraestruturas da rede de abastecemento e saneamento.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Urbanismo. Mobilidade. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA