A Carreira da Agua de Sada permite recadar casi 7.000 euros para Unicef

01/10/2018

A Carreira da Agua de Sada permite recadar casi 7.000 euros para Unicef

-A carreira, organizada polo Club Atletismo Sada e a concellería de Deportes de Sada, aportou 6.730 euros, toda a recaudación das inscricións, a UNICEF para o programa Pingas para Níxer.


Sada 28 setembro 2018.

Arredor de 2.000 persoas tomaron a saída este domingo diante da Casa da Cultura Pintor Lloréns na oitava edición da Carreira da Auga Unicef Sada.

O evento constou de tres probas. Unha carreira de adultos de 10.000 metros, competicións para nenos, cadetes e juniors e duas andainas, unha longa de once quilómetros e unha curta de tres. A carreira forma parte do VI Circuíto de Carreiras populares dá Deputación Provincial dá Coruña e está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

Desde a concellería de Deportes valorouse moi positivamente tanto a organización do evento como a mostra de solidariedade dos veciños e veciñas de Sada. “Quero valorar e agradecer o esforzo que está a realizar o Club Atletismo Sada xunto ao persoal municipal de emerxencias, servicios, policía e deportes, así como a labor dos voluntarios para que o domingo teñamos unha xornada solidaria perfecta", sinalou Zeltia García esta mañá. A concelleira ademáis agradeceu “ás veciñas e veciños de Sada a implicación con esta carreira solidaria que ano tras ano consolídase en Sada como a máis concurrida da comarca” (exceptuando as levadas a cabo na cidade da Coruña).

Como colabora a Carreira da Auga con Níxer?

Por tratarse dunha carreira solidaria en beneficio de Unicef, a totalidade das inscricións supoñen un donativo de 5€ no caso das persoas apuntadas na carreira de 10 km (promesa, senior e veteranos), de 3€ no caso das anotadas na carreira de 2,8 km (cadete, xuvenil/junior) e nas andainas (tanto a de 11 km como a de 4 km) e de 2€ no relativo aos/as  nenos/as (de prebiberón a infantil). Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos adicionais desde un a cincuenta euros, sempre a favor da causa de UNICEF.

Actualmente só o 15% das escolas rurais de Níxer teñen auga potable. As dificultades de acceso á auga potable afectan negativamente á saúde, a nutrición e as posibilidades de desenvolvemento de 3 millóns de nenos e nenas en idade escolar. 

A cantidade achegada nas inscricións por todos os participantes nesta oitava edición da Carreira da Auga permitirá, a través do Programa de Auga e Saneamento (WASH) de UNICEF en Níxer, a construción de bloques de letrinas separadas para nenos e nenas, incluído un sistema para o lavado de mans, ou ben, a instalación dun sistema de subministración de auga potable para escolas de Níxer.

Levando auga ás escolas de Níxer lógranse dous obxectivos: protexer a saúde dos estudantes e incrementar as taxas de matriculación e permanencia na escola. Ademais, as fontes instaladas nos centros educativos benefician a toda a comunidade ofrecendo un punto próximo de acceso a auga potable que as familias poden usar.

As carreiras de pingas son unha actividade deportivo-festiva na que pode participar todo o mundo. Os familiares e amigos dos participantes poden patrocinarlles, contribuíndo a reunir máis pingas para Níxer. As carreiras da auga permiten organizar un evento deportivo-solidario que unha a familias no logro dun obxectivo común: a mellora da supervivencia infantil en Níxer, a través da mellora do acceso a auga, hixiene e saneamento da poboación. 


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Sada. Deportes.

Temas:
Turismo. Subvencións e axudas. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA