A aula CeMit imparte cursos gratuitos por videoconferencia

02/06/2017

A aula CeMit imparte cursos gratuitos por videoconferencia

A aula CeMIT de Sada, dependente da concellería de urbanismo e Emprego, retoma a súa actividade con cursos formativos a través de videoconferencias que se realizarán durante este mes de xuño.

Cartaz Cursos Gratuitos e Info


Sada 2 xuño 2017

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), como aliado dixital ofrece un itinerario formativo a través de videoconferencia que se poderá seguir no CeMIT os venres de 11:00 a 12:30 horas, nestes seminarios se darán a coñecer os principais usos dos dispositivos móbiles e tabletas.

Durante a xornada de hoxe se impartiron coñecementos de fotografía dixital en ordenadores e dispositivos móbiles e trucos de edición. O venres 9 de xuño adícarase a aplicacións móbiles para cuidar a túa saúde e controlar a túa actividade física. O venres 16 de xuño tratarase a “Cultura en dixital”, museos e audioguías para disfrutar do arte con internet e lectura dixital. E o venres 23 de xuño se incidirá en aprender a comunicar a través de Internet, whatsapp, correo electrónico e aplicacións de vídeoconferencia.

As persoas interesadas en acudir a este sistema de cursos por videoconferencia poden pasar pola aula ou enviar un correo ao área de Emprego antes do inicio da actividade.

Por outra banda desde este mes de xuño o CeMIT estará aberto os luns, martes e venres de 8:00 a 14:00 horas e os mércores e xoves de 14:00 a 20:00 horas.


Arquivado en:
Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Urbanismo e emprego.

Temas:
Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA